A carballeira de Santa Minia acollerá este domingo o VI Festival Folclórico de Brión

A carballeira de Santa Minia acollerá este domingo o VI Festival Folclórico de Brión
A carballeira de Santa Minia acollerá este domingo o VI Festival Folclórico de Brión

A entrada é totalmente libre e de balde.

A carballeira de Santa Minia acollerá este domingo 21 de xullo, ás 21:00 horas, a sexta edición do Festival Folclórico de Brión. Un evento musical no que participarán o obradoiro de cultura tradicional Chorima, de Rois, e as escolas de danza e música tradicional do Concello de Brión. A entrada é totalmente libre e de balde. En caso de choiva, o festival trasladaríase ao pavillón polideportivo municipal.

Comentarios