Bugallido celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme hoxe

Bugallido celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme hoxe
Bugallido celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme hoxe

A parroquia de Bugallido organiza esta fin de semana a festa da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros

A parroquia de Bugallido organiza esta fin de semana un domingo de festa para celebrar a conmemoración da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A celebración estará marcada pola música e actividades para nenos e nenas.

O domingo a festa comezará ás 12.15 horas cunha misa solemne na capela de San Pedro de Bugallido. A continuación desenvolverase unha procesión acompañada polo grupo de gaitas Os Castros, trala que terá lugar a sesión vermú a cargo do Dúo Rosán, formado por Rosa e Ángel.

Xa pola tarde, a partir das 16.30h, os cativos e cativas poderán gozar de inchables e xogos. Pola noite terá lugar a gran verbena das festas, na que volverá a actuar o Dúo Rosán, nesta ocasión acompañado pola orquestra Galilea.

Comentarios