O BNG do Barbanza celebran a Romaría Nacionalista

O BNG do Barbanza celebran a Romaría Nacionalista
O BNG do Barbanza celebran a Romaría Nacionalista

Consistirá nun roteiro que sairá ás 12:00 de diante do esteiro do río Coroño ata o Pazo de Goiáns e volta ao comezo, onde terá lugar un xantar de convívio e diversos actos políticos e culturais

Na rolda da pasada semana o BNG de Boiro presentaron a nivel comarcal o que son os actos do Día Nacional de Galicia deste ano. Tal día foi o escollido no 1919 polas Irmandades da Fala para celebrar a exaltación do noso Pobo.

"O lema escollido nesta ocasión é o de: DEMOCRACIA, SOBERANÍA e TRABALLO, máis por desgraza, temos que seguir empregando a día de hoxe aquel histórico de, “que queiran que non, somos unha nación”, dado que na vida diaria parece que vivimos de aluguer na nosa propia Terra", aseguraron os responsables da formación nacionalista.

O xoves día 25, haberá buses de balde que sairán de Ribeira, as 10:00 da estación de buses, da Pobra ás 10:15 de diante da Praza Maior, de Boiro ás 10:30 de diante do Concello e de Rianxo ás 10:45 dende o aparcadorio dos buses.

O día 24 haberá o FESTIGAL en Compostela e hoxe sábado día 20 haberá o acto comarcal previo a dita festividade e que se fará nesta ocasión en Boiro. Consistirá nun roteiro que sairá ás 12:00 de diante do esteiro do río Coroño ata o Pazo de Goiáns e volta ao comezo, onde terá lugar un xantar de convívio e diversos actos políticos e culturais.

Comentarios