Morre unha muller ao caer dun segundo piso en Viveiro

Morre unha muller ao caer dun segundo piso en Viveiro
Morre unha muller ao caer dun segundo piso en Viveiro

Ocorreu na Avenida de Ferrol, uns minutos antes das 9:30

Unha muller de idade avanzada perdeu a vida esta mañá despois de caer desde o segundo andar ao patio de luces dun edificio en Viveiro. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os bombeiros da localidade accederon ao lugar onde atopábase a muller a través dunha das vivendas do inmoble. Unha vez rescatada, foi atendida nunha ambulancia medicalizada do 061-Urxencias Sanitarias onde, a pesar dos esforzos por salvarlle a vida, finalmente faleceu.

Ocorreu na Avenida de Ferrol, uns minutos antes das 9:30. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Viveiro, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e Nacional e de Protección Civil da localidade.

Comentarios