Luís Zahera foi recibido por Bugallo no concello

Luís Zahera foi recibido por Bugallo no concello
Luís Zahera foi recibido por Bugallo no concello

uís Zahera afirmou sentirse "encantado" e "ilusionado"

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños recibiron onte o pregoeiro do Apóstolo 2019, o actor Luís Zahera, horas antes de que este se dirixa ás compostelás e composteláns dende os balcóns de Raxoi para abrir as festas.

Luís Zahera afirmou sentirse "encantado" e "ilusionado". Lembrou que é a segunda vez que dá o pregón. A primeira, hai anos, cando se emitía a serie Mareas vivas, e agora, xa cun premio Goya ao mellor actor de reparto na súa man.

"Impresiona estar nese balcón", dixo, referíndose ao balcón do Pazo de Raxoi. "Vaime ben cos balcóns ultimamente. O balcón de El Reino, polo que me deron o Goya, agora o balcón do Concello. Vou de balcón en balcón. A ver se acabo de alcalde", bromeou.

O rexedor agradeceu a Luís Zahera que aceptara ser o pregoeiro xa que "é o primeiro caso, creo, que se repite". Ao que Zahera respondeu "sempre fun moi repetidor, xa na escola". Sánchez Bugallo rematou sinalando o seu desexo de que "que todos os composteláns desfrutemos destas festas". 

Comentarios
Lo más