Un cervo causa un accidente de consideración en Forcarei

Un cervo causa un accidente de consideración en Forcarei
Un cervo causa un accidente de consideración en Forcarei

No sinistro viuse implicado un segundo turismo e foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios

Un animal intercepta na vía e bate contra o parabrisas dun coche que circulaba pola N-541, en Forcarei.

No sinistro viuse implicado un segundo turismo e foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios.

Todo ocorreu ás 14:30 horas da tarde de onte, cando un particular chama o 112 Galicia para informar dun cervo encaixado no parabrisas dun coche que circulaba pola estrada que une Pontevedra con Forcarei, á altura de Soutelo de Montes. No accidente houbo outro vehículo implicado e foi necesaria a asistencia médica para atender aos afectados debido ás lesións provocadas polo golpe. 

Así, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico para coñecer todos os datos do accidente.

Comentarios