Piden explicacións pola falta de persoal sanitario no centro de saúde de Sada

Piden explicacións pola falta de persoal sanitario no centro de saúde de Sada
Piden explicacións pola falta de persoal sanitario no centro de saúde de Sada

A ambulancia que opera en Sada resulta escasa para cubrir os traslados dunha poboación como e a de Bergondo e Sada (a atendida no PAC) en torno aos 22.000 habitantes máis a poboación flotante

Os parlamentarios do grupo de En Marea Eva Solla e Antón Sánchez veñen de reclamar no Parlamento unha resposta da Xunta á delicada situación de persoal sanitario no centro de saúde de Sada, onde a veciñanza está a sufrir agardas que os deputados consideran “absolutamente intolerables”, chegando a quince días para unha consulta.

Piden explicacións sobre o descuberto no persoal do servizo de pediatría, cando van dar cobertura ás vacacións do persoal con profesionais substitutos e como valora a Xunta a espera de medio mes para para unha consulta de atención primaria no concello. Tamén se interesan pola posibilidade de ampliar o transporte sanitario na localidade.

Para Eva Solla esta situación “afecta aos dereitos sanitarios ao incrementar a espera media para as atencións, feito que se ve agravado no caso das urxencias naquelas vilas e cidades, coma Sada, que contan con maior presión poboacional polo turismo nos meses de verán”.

“Por outra parte, nun concello onde a poboación demandaba un segundo pediatra por mor do incremento poboacional, o SERGAS deixou ao centro de saúde sen ningún profesional o pasado 15 de xullo, feito que foi denunciado porr parte do Concello e polo en coñecemento da Consellería de Sanidade”, engade a parlamentaria.

Ademais, a ambulancia que opera en Sada resulta escasa para cubrir os traslados dunha poboación como e a de Bergondo e Sada (a atendida no PAC) en torno aos 22.000 habitantes máis a poboación flotante. 

Comentarios
Lo más