Mañá anubrada con ceos despexados na tarde

Mañá anubrada con ceos despexados na tarde
Mañá anubrada con ceos despexados na tarde

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 26ºC

A situación meteorolóxica será de novo intermedia entre altas e baixas presións, aínda que predominará máis a estabilidade. 

Deste xeito agardamos unha mañá de ceo moi anubrado no norte e máis despexado no sur; a medida que avance a mañá as nubes do norte irán a menos e pola tarde os ceos estarán moi abertos, quedando soamente nubes no extremo norte.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, pero as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 26ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico durante a tarde.

Comentarios
Lo más