A Lotería Nacional celebrou o sorteo de onte na Cidade da Cultura

A Lotería Nacional celebrou o sorteo de onte na Cidade da Cultura
A Lotería Nacional celebrou o sorteo de onte na Cidade da Cultura

Durante o sorteo estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao presidente da Sociedade Estatal de Loterías y Apuestas del Estado, Jesús Huerta Almendro

A cidade de Santiago de Compostela foi escollida por Loterías y Apuestas del Estado para celebrar o seu sorteo de onte, nun acto que tivo lugar na Cidade da Cultura e que rendeu especial homenaxe ao Xacobeo 2021. 

O boleto editado e distribuído en toda España permite promover o Ano Santo e o Camiño de Santiago a través dunha imaxe tomada desde o Monte do Gozo coa escultura do monumento ao peregrino. Durante o sorteo estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao presidente da Sociedade Estatal de Loterías y Apuestas del Estado, Jesús Huerta Almendro. 

Comentarios