Carmen Pomar clausura a Conferencia Anual da Asociación Europea de Psicoloxía e Dereito

Carmen Pomar clausura a Conferencia Anual da Asociación Europea de Psicoloxía e Dereito
Carmen Pomar clausura a Conferencia Anual da Asociación Europea de Psicoloxía e Dereito

Este congreso está consolidado como referente mundial para o debate e posta en común de coñecementos e investigacións sobre a psicoloxía xurídica

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, clausurou onte a Conferencia Anual da Asociación Europea de Psicoloxía e Dereito, que escolleu Galicia para a segunda reunión deste tipo que ten lugar en España. 

Na súa intervención, Carmen Pomar subliñou o papel da Universidade “como axente de desenvolvemento económico e social de primeiro orde” tanto no que atinxe á transmisión de coñecemento como, sobre todo, á xeración de investigación e innovación. 

Pomar agradeceulle á organización a elección de Compostela para a celebración deste congreso que xa está consolidado como referente mundial para académicos, investigadores e profesionais nos campos da Psicoloxía e o Dereito. 

O encontro serviu para debater, durante catro días, sobre os últimos avances nestas dúas áreas moi interrelacionadas e que desembocan no que se denomina hoxe psicoloxía xurídica, compartir ideas e coñecementos tanto sobre investigación teórica como sobre práctica profesional neste ámbito.

Comentarios
Lo más