A festa non para na cidade

A festa non para na cidade
A festa non para na cidade

Continúa a programación das festas do Apóstolo en Santiago

A xornada do domingo arrincará co concerto da Banda Municipal na rúa do Vilar ás 12:00 horas, e coa celebración da tradicional Festa do Escalo de Chaián, na que se inclúe o XLV Concurso de Ciprínidos. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, comezará outra das visitas guiadas da man de Castelao, con saída dende o parque da Alameda (a carón da estatua de Valle-Inclán.

Sen dúbida, o protagonista da xornada é Xoel López, que ofrecerá un concerto na praza da Quintana ás 22:00 horas. O cantante coruñés chega a Compostela coa súa banda, e de seguro contará para a ocasión con algunha colaboración especial.

O programa musical deste domingo complétase co concerto de Suelen Estar & The Soul Machín. Será ás 23:00 horas na praza do Toural 

Comentarios
Lo más