En Marea centra no ecoloxismo e no feminismo a celebración do Día de Galicia

En Marea centra no ecoloxismo e no feminismo a celebración do Día de Galicia
En Marea centra no ecoloxismo e no feminismo a celebración do Día de Galicia

Luís Villares: "As políticas do Partido Popular contaminan o futuro de Galicia"

"Unha marea verde para unha Galicia con futuro". Este é o lema co que En Marea celebra o 25 de xullo, Día de Galicia. Centrados no ecoloxismo político, tese saída do último Plenario da formación, será a defensa do medio ambiente a que protagonizará as conversas e actividades que se leven a cabo o próximo xoves na carballeira de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. 

“Os dez anos de goberno de Feijóo deixan a conclusión de que é un goberno agresivo e irrespetuoso co medio ambiente, que non escoita cal é a pulsión do futuro; e que non está facendo os deberes no que se refire á transición ecolóxica. As políticas do Partido Popular contaminan o futuro de Galicia", sostivo o voceiro de En Marea, Luís Villares. 

Villares criticou que “o modelo industrial do Partido Popular en Galicia baseouse tradicionalmente, tamén durante a era Feijóo, en dous factores: a contaminación e a corrupción". "Unha corrupción ademais sempre impune polos entresixos do poder que favorece tamén á industria máis contaminante. O PP sempre elexiu a destrucción do medio ambiente sobre a defensa do patrimonio e dos dereitos medio ambientais”. 

Luís Villares puxo como exemplo o caso de ENCE, como un exeplo “clásico” de corrupción e de “portas xiratorias”. “Determinadas prácticas políticamente corruptas, como esa licenza concedida polo goberno de Rajoy, mantiveron unhas condicións inaceptables para toda a ría de Pontevedra”, asegurou. 

Asemade, o voceiro referiuse ás loitas contra a megaminería, como a que ten lugar en Touro e en San Fins, e lembrou a imputación do director xeral de Minas. “Esta semana coñecimos a quinta sentenza do Tribunal Supremo en relación a Reganosa, que declara unha vez máis a ilegalidade da construcción deses depósitos polo seu enorme risco non só ambiental, senón para todas as persoas do entorno da ría de Ferrol", apuntou. 

Por todo isto, Villares explicou que En Marea reivindica unha patria verde como espazo de futuro e de oportunidades. "Apostamos por facer do medio ambiente e da transición ecolóxica eixos do noso discurso e da celebración do Día nacional de Galicia. A nosa forma de reivindicar o país é reivindicar un futuro onde a cidadanía teña cabida", aseverou. 

“Hai unha corrente de simpatía na mocidade cara o feminismo e cara a Loita contra a emerxia climática á que se enfrenta o noso planeta. En Marea aspira a conectar coas capas dunha Galiza que poida ser diferente, tamén na defensa medio ambiental, que teña unha igualdede real e que todo isto esté acompañado dunha redistribución social da riqueza”, sinalou Adrián Dios, membro da Coordinadora de En Marea. 

En Marea quere tomar a iniciativa na loita contra o cambio climático como formación política progresista galega. “Necesitamos un futuro máis xusto e iso para por deixar ás novas xeracións un planeta limpo no que vivir”, engadiu Dios. 

A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, detallou que a actividade na carballeira de Vista Alegre comezará ás 12:00 horas cun obradoiro de instrumentos musicais feitos con materiais de refugallo e naturais, seguido dun concerto didáctico. 

“O acto principal ten que ver coa defensa do territorio, centrado na loita do medio ambiente galego, no que contaremos coa presenza de representantes de diversos coletivos e movementos sociais como as compañeiras da plataforma da Mina de Touro. Falaremos de ENCE e da defensa do patrimonio natural de Galicia”, sinalou Seijas. 

“A mocidade tamén estará presente, pois contaremos con mozos e mozas implicados no movemento Friday’s for future. Con esa mocidade que defende o futuro do noso país porque non hai planeta B”, destacou a vicevoceira de En Marea. 

Na carballeira de Vista Alegre haberá un xantar de confraternización e pola tarde terá lugar a presentación do proxecto árbores que non arden, que pretende visibilizar o traballo das mulleres na extinción dos incendios forestais. 

Comentarios
Lo más