Eliminan un vertido de augas residuais no parque de Belvís

Eliminan un vertido de augas residuais no parque de Belvís
Eliminan un vertido de augas residuais no parque de Belvís

Os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha inspección na que observaron que o vertido escorrentaba pola parede do edificio da Casa da Xuventude e infiltraba no terreo ata as inmediacións da marxe esquerda do rego do Cancelón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de comprobar a emenda dun punto de vertido de augas residuais no parque de Belvís, pola parte posterior da Casa da Xuventude, no casco urbano da cidade de Santiago.

Técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia, alertados da existencia dun vertido nas inmediacións deste edificio, efectuaron unha inspección nesta zona xunto co persoal da empresa concesionaria do servizo de saneamento municipal, comprobando que o vertido tiña a súa orixe no atranco da acometida da Casa da Xuventude e outros inmobles próximos coa rede de saneamento municipal. 

A raíz destas actuacións levadas a cabo polos inspectores da Xunta detéctase a deficiencia e require ao Concello a adopción das medidas oportunas para que cese o vertido que escorrentaba pola parede do edificio da Casa da Xuventude, infiltrando posteriormente no terreo ata as inmediacións da marxe esquerda do rego do Cancelón, na zona do parque de Belvís. 

Os técnicos da Administración hidráulica da Xunta veñen de realizar unha nova inspección de comprobación á zona logo de que, por parte do Concello, informasen das actuacións levadas a cabo para o cese dos vertidos. En dita inspección comprobouse a emenda do vertido existente no seu día, logo de que se levaran a cabo as oportunas labores de limpeza do colector por parte da empresa xestora da rede de saneamento municipal, atopándose a zona libre de vertidos.

Comentarios
Lo más