Nenas e nenos de 4 a 13 anos poderán participar no PescaPino o 27 de xullo

Nenas e nenos de 4 a 13 anos poderán participar no PescaPino o 27 de xullo
Nenas e nenos de 4 a 13 anos poderán participar no PescaPino o 27 de xullo

Celébrase na área recreativa da Magdalena de 10:00 a 13:00 horas

O Concello do Pino organiza o sábado 27 de xullo o concurso Pescapino, dirixido a nenos de 4 a 13 anos que sexan afeccionados ou queiran iniciarse no deporte da pesca. 

O concurso celebrarase na área recreativa da Magdalena (Castrofeito) entre as 10.00 e ás 13.00 horas e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas cateogrías de benxamín (4-7 anos), alevín (8-10 anos) e infantil (11-13 anos). O prazo de inscrición rematou o martes, día 23, ás 14.00 horas. 

Con este concurso, o Concello do Pino quere resaltar os espazos naturais do concello. O ano pasado o concurso contou cunha trintena de participantes.

A entrega de trofeos do Pescapino 2018 farase a partir das 13.00 horas. As bases do concurso establecen que a clasificación farase, en primeiro lugar, polo número de pezas válidas capturadas (250 puntos por cada peza), e un punto adicional por cada gramo de peso acumulado das pezas. En caso de empate terase en conta o número total de pezas de cada concursante e a idade, primando aos pescadores de menor idade.

Comentarios
Lo más