Brión inviste case 85.000 euros na mellora do camiño de Bemil a Soutullos por Bastavaliños

Brión inviste case 85.000 euros na mellora do camiño de Bemil a Soutullos por Bastavaliños
Brión inviste case 85.000 euros na mellora do camiño de Bemil a Soutullos por Bastavaliños

José Luís García salienta que “é unha das pistas que máis tráfico soportan en Brión e que imos arranxar cunha achega de case 625.000 euros, o maior investimento que temos feito con fondos propios” 

O Concello de Brión está a investir case 84.817 euros de fondos propios na mellora do firme do camiño de Bemil a Soutullos por Bastavaliños, unha estrada municipal de case dous quilómetros de longo e anchos medios que oscilan entre os 5,2 e os 6,8 metros. Unhas obras financiadas polo Concello de Brión con cargo ao seu remanente de Tesourería e que están a ser acometidas pola empresa Eulogio Viñal.

As obras inclúen a reparación das fochancas desta estrada, previo á extensión dunha nova capa de rodadura de cinco centímetros de tratamento asfáltico. Unhas obras que tamén incluirán a reordenación do aparcamento na contorna da Igrexa de Bastavales, onde estaban a traballar as máquinas esta mesma mañá. Unha mellora nos 1.500 m2 do aparcamento.

O alcalde de Brión, José Luís García, explica que esta obra “está incluída nun proxecto con outras seis pistas municipais máis, as que máis tráfico soportan en Brión e que imos arranxar cun investimento de case 625.000 euros, o que supón o maior investimento que temos feito en Brión con fondos propios”. Unha actuación que se iniciou esta mesma semana coa mellora do firme do camiño de San Salvador ata o límite municipal con Ames, unha pista de 2,6 quilómetros de longo onde se colocaron dous redutores de velocidade tipo “lombo de asno”.

Comentarios