José Veiga recibe como agasallo do concello de Rois un peregrino de bronce ao cumprir 100 anos

José Veiga recibe como agasallo do concello de Rois un peregrino de bronce ao cumprir 100 anos
José Veiga recibe como agasallo do concello de Rois un peregrino de bronce ao cumprir 100 anos

Ramón Tojo e Manuel dos Santos visitaron a este veciño de Urdilde que foi presidente provincial da Cámara Agraria da Coruña

Rois conta cun novo membro no seu selecto club de centenarios. José Veiga Gandarela, que naceu na aldea da Cabanela, en Urdilde, o 18 de xullo de 1919, recibiu o venres a visita do alcalde, Ramón Tojo, e do tenente de alcalde, Manuel dos Santos, que lle entregaron un peregrino de bronce como agasallo do Concello de Rois para celebrar esta efeméride e conversar durante uns minutos.

José Veiga atópase en perfectas condicións físicas e goza de mantere longas conversas para recordar vellos tempos. A mediados do século pasado, José Veiga oi presidente provincial da Cámara Agraria da Coruña, cargo polo que fixo numerosos viaxes a Madrid para axudar a mellorar a agricultura e a gandería da provincia. Toda a súa vida estivo vinculada á agricultura e a gandería dende a parroquia de Urdilde. Hoxe aínda mantén numerosas hectáreas de monte plantadas e limpas de maleza.

Durante a visita, ademais destas e outras moitas anécdotas, algunhas relacionadas coa Guerra Civil, José Veiga conversou cos dous representantes do goberno de Rois sobre temas de actualidade. Ramón Tojo e Manuel dos Santos desexáronlle un feliz aniversario e que siga gozando de voa saúde moitos anos máis.

Comentarios
Lo más