Espectáculo aéreo para despedir Cultura na rúa

Espectáculo aéreo para despedir Cultura na rúa
Espectáculo aéreo para despedir Cultura na rúa

Súe Moreno estará na alameda de Ordes este martes a partir das 20:30 horas

Hoxe martes finaliza o programa Cultura na rúa. Para a ocasión apostouse por un espectáculo aéreo que, sen dúbida, é do que máis gusta á xente de Ordes. Súe Moreno é actriz, trapecista e bailarina. Realizou os seus estudos na escola de danza Carmen Serra e as escolas de circo Carampa e Charivari. 

Comezou a súa carreira como artista no ano 2000 e non parou de traballar dende entón. Na actualidade é directora da escola de Acrobacias Aéreas que fundou en 2013. 

Quen o desexe poderá desfrutar das súas impresionantes acrobacias e do seu desafío á gravidade na alameda de Ordes a partir das 20:30 horas. Cómpre ter en conta que en caso de chuvia a cita trasladarase á Pavillón Campomaior.

Comentarios
Lo más