Minuto de silencio no Parlamento de Galicia contra a última vítima da violencia machista

Minuto de silencio no Parlamento de Galicia contra a última vítima da violencia machista
Minuto de silencio no Parlamento de Galicia contra a última vítima da violencia machista

A concentración estivo encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado por deputadas e deputados, persoal da Cámara e do Valedor do Pobo

O Parlamento de Galicia celebrou esta mañá unha concentración de un minuto de silencio como sinal de repulsa contra a violencia machista e en memoria da vítima rexistrada onte en Vilalba.

A concentración estivo encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado por deputadas e deputados, persoal da Cámara e do Valedor do Pobo. Tamén participou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Santalices Vieira afirmou, en declaracións aos medios, que ante casos como o rexistrado onte en Vilalba o invade unha “dor profunda” e animou á sociedade e manter unha actitude vixiante ante calquera actitude que poda resultar sospeitosa. O de hoxe, afirmou, é “un día triste; reflexionemos sobre que cousas podemos facer” para evitar a violencia machista.

Comentarios
Lo más