Rosa Cedrón actúa hoxe na presentación do vídeo turístico do Concello de O Pino

Rosa Cedrón actúa hoxe na presentación do vídeo turístico do Concello de O Pino
Rosa Cedrón actúa hoxe na presentación do vídeo turístico do Concello de O Pino

O vídeo “Sinte o latexo, ven a O Pino” é unha produción de Xurdir

O Concello de O Pino presenta hoxe martes o vídeo turístico do municipio producido por Xurdir. O acto de presentación do proxecto “Sinte o latexo, ven a O Pino” contará coa participación especial de Rosa Cedrón, que dará un concerto para os asistentes. Ademais de adiantar algún detalle sobre a XX Festa do Galo Piñeiro.

A Praza de Forcarei (O Pedrouzo) acollerá hoxe, 23 de xullo, ás 21.30 horas a presentación oficial do vídeo turístico do Concello de O Pino. A estrea oficial do proxecto audivisual “Sinte o latexo, ven a O Pino” estará presidida polas autoridades municipales e contará coa actuación especial da cantante e violonchelista Rosa Cedrón, que dará un concerto gratis para os alí presentes.

Ademais, Manuel Taboada, alcalde do Concello de O Pino, aproveitará a ocasión para adiantar algúns detalles sobre a XX Festa do Galo Piñeiro, unha cita anual que reúne nunha xornada festiva a tradicional mostra cabalar, coa feira do galo.

Comentarios