A Marea de Touro denuncia que o alcalde do concello puxo alumeado ao dono dunha concesionaria municipal

"O Concello de Touro paga con cartos de todos a iluminación privada dun empresario afín ó partido", aseguran dende a formación

No pasado mes de Maio o alcalde de Touro Ignacio Codesido recoñeceu ante os medios que utilizou á empresa concesionaria do alumeado público para colocar os carteis electorais do Partido Popular. O propietario da empresa Electricidade Lorenzo recoñecía ser do Partido Popular e contradecía a versión do alcalde ó afirmar que non cobraba nada por esta labor, cando o rexedor local afirmara que lle pagaría cincuenta ou cen euros sen especificar como os xustificaría.

A este capítulo de suposta corrupción política súmase ahora a colocación dunha farola do alumeado público orientada cara a vivenda familiar do propietario da concesionaria. O Concello de Touro paga con cartos de todos a iluminación privada dun empresario afín ó partido. A marea veciñal denuncia as prácticas do goberno e ínstao a retirala, reservándose o dereito de tomar as medidas legais que consideren oportunas.

Comentarios
Lo más