Mozos de Ames participan este verán na sexta edición do programa de Voluntariado Xuvenil da OMIX

Mozos de Ames participan este verán na sexta edición do programa de Voluntariado Xuvenil da OMIX
Mozos de Ames participan este verán na sexta edición do programa de Voluntariado Xuvenil da OMIX

O equipo colabora na organización de distintas actividades municipais, como é o campamento urbano que se desenvolveu na Aula da Natureza

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ames desenvolve de novo este verán, por sexta vez, un programa de voluntariado xuvenil. Nel participan oito mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. O equipo colabora na organización de distintas actividades municipais, como é o campamento urbano que se desenvolveu na Aula da Natureza. O programa enmárcase na convocatoria de subvencións da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o seu obxectivo é a promoción de actividades que favorezan o desenvolvemento persoal e profesional das mozas e dos mozos que participan, ao mesmo tempo que eles e elas contribúen a mellorar a calidade de vida da comunidade.

Os oitos voluntarios e voluntarias teñen entre 16 e 30 anos. Eles e elas axudan colaborando con actividades e son os e as encargadas de colaborar no deseño, programación, execución e avaliación das actividades, sempre supervisados e en contacto cos e coas responsables da OMIX e da Aula da Natureza. Acompañan a nenas e nenos para que pasen unhas tardes divertidas, á vez que educativas na época de verán, a través de obradoiros, xogos e excursións sempre conectados co medio ambiente e a natureza. A Concellerira de Mocidade, Escarlata Pampín, e o Concelleiro de Obras, Blas García, achegáronse ata o campamento urbano e animaron aos voluntarios a seguir colaborando neste tipo de iniciativas xuvenís, e agradeceron o seu esforzo e implicación.

A través deste programa búscase apoiar a participación xuvenil da mocidade, reforzar o seu compromiso coa comunidade e formalos en actividades relacionadas co lecer e o medio ambiente. Isto último potenciará a súa capacitación e formación de cara a futuras oportunidades educativas ou laborais. O traballo realizado contribúe a aumentar as súas posibilidades laborais, ao valorarse positivamente as labores de voluntariado. O voluntariado fomenta, ademais, a creación de lazos sociais, o traballo en equipo e a interrelación entre iguais. Ao remate do programa de voluntariado as persoas participantes recibirán un certificado de accións voluntarias expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia

Comentarios
Lo más