Falece unha muller na Coruña ao ser atropelada por un camión

Falece unha muller na Coruña ao ser atropelada por un camión
Falece unha muller na Coruña ao ser atropelada por un camión

Ocorreu na confluencia da Avenida de Fisterra coa Ronda de Nelle, ao fío das 10:20 horas

Unha muller perdeu a vida esta mañá despois de ser atropelada por un camión na Coruña. Ocorreu na confluencia da Avenida de Fisterra coa Ronda de Nelle, ao fío das 10:20 horas.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e de Protección Civil que, unha vez no lugar dos feitos, tan só puideron confirmar o falecemento da muller.

Comentarios
Lo más