Villares critica que a renuncia da Valedora do Pobo "chega tarde"

Villares critica que a renuncia da Valedora do Pobo "chega tarde"
Villares critica que a renuncia da Valedora do Pobo "chega tarde"

Luís Villares lembra que o presidente da Xunta comprometérase a “tomar nota” da sentenza que sinalaba que a Valedora desprezara os principios de igualdade, mérito e capacidade cando fora firme

O voceiro de En Marea, Luís Villares, sinala que a renuncia de Milagros Otero como Valedora do Pobo “chega moi tarde” e critica que se comportase como unha “colocadora” dos seus amigos nun posto público para “facer favores” ao Partido Popular.

Luís Villares lembra que o presidente da Xunta comprometérase a “tomar nota” da sentenza que sinalaba que a Valedora desprezara os principios de igualdade, mérito e capacidade cando fora firme, a preguntas de En Marea no Parlamento de Galicia.

Sen embargo, dita sentenza foi ratificada polo Tribunal Supremo no mes de abril e a culminación desta renuncia en diferido da Valedora chega a finais de xullo. “O caso Valedora revelou quen era Núñez Feijóo”, asegura Villares.

“Deberíase abrir un proceso dialogado no que todas as forzas políticas tivésemos a oportunidade de buscar un nome de consenso. Chamo a atención sobre todo a que o Partido Socialista non teña a tentación de pactar unilateralmente co Partido Popular como consecuencia dun pacto a dous, que xa viron na renovación da CRTVG que saíu mal”, afirma o voceiro de En Marea. 

Comentarios