Filosofía acolle este mércores a clausura dos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia

No acto farase entrega dos diplomas aos 70 alumnos e alumnas procedentes de vinte países de catro continentes

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este mércores, 24 de xullo, ás 11:30 horas, a clausura dos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras", organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da USC co apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Durante o acto entregaránselles os diplomas ás preto de setenta persoas que participaron no programa de tres semanas de inmersión na lingua e na cultura de Galicia, procedentes dunha vintena de países de Europa, América, Asia e África.

Desde a súa creación en 1988, por estes cursos pasaron máis de 2.900 estudantes de todo o mundo. Nas súas aulas aprenderon o galego moitas persoas que hoxe verten a outros idiomas a nosa literatura e son referentes nos estudos galegos a nivel internacional.

Comentarios