Un gran dispositivo policial vela pola seguridade de Santiago

Un gran dispositivo policial vela pola seguridade de Santiago
Arquivo
Un gran dispositivo policial vela pola seguridade de Santiago

Non se sabe o número concreto por razóns de seguridade, pero Santiago estará "blindada" o día 24 e 25 de xullo.

Unha vez máis por estas datas, calquera persoa que sala polas rúas de Compostela vai notar un número de policías maior ó habitual. Por razóns de seguridade a Delegación do Goberno non especifica o número exacto de axentes que participarán este día 24, nin tampouco durante as vindeiras xornadas, mais só con achegarse á zona vella pódese apreciar o amplo número de efectivos que velan pola seguridade capital galega.

Neste gran dispositivo participarán unidades de intervención policial (UIPs), así como de prevención e reacción (UPRs), medios aéreos, brigadas móbiles, especialistas en desactivación de explosivos (Tedax-Nrbq), guías caninos, unidades de subsolo, grupos especiais de seguridade e cabalaría.

Todos os corpos de seguridade implicados nestas festas traballan conxuntamente ca Policía Nacional para garantir a seguridade, estes son: Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Unidade de adscrita á Xunta de Galicia e bombeiros. De todas maneiras, este dispositivo diviídise en varias fases, sendo a de maior sensibilidade até o día 25 de xullo inclusive.

Para facilitar ó operativo policial, a cidadanía non poderá acceder con mochilas ou bolsos á Praza do Obradoiro durante o serán-noite do 24 de xullo. Ademais desde as 22:00 até o remate dos lumes queda prohibida a entrada á praza. O día 25 esta restricción afectará á Catedral e a Igrexa San Martiño Pinario, que é onde se levará a cabo a ofrenda ao Apóstolo.

OPERATIVO NA REDE DE ESTRADAS GALEGAS

Por outro lado e a pesar de que está un pouco máis lonxe do epicentro da cidade, a Garda Civil incrementa o número de axentes nas estradas galegas para facer fronte a un (25 de xullo) dos días con máis desprazamentos en Galicia. En concreto, intensificarase este control desde as 14:00 do 24 até as 24:00 do día seguinte.

Para levar a cabo todo iso, o corpo conta con 180 efectivos que prevén facer unhas 1.000 probas de control de consumo de alcol e drogas e vixiarán a velocidade dos vehículos en 100 puntos distintos.


Comentarios
Lo más