Os populares propoñen a María Dolores Fernández Galiño como nova Valedora do Pobo

Os populares propoñen a María Dolores Fernández Galiño como nova Valedora do Pobo
Os populares propoñen a María Dolores Fernández Galiño como nova Valedora do Pobo

Tamén solicitou a convocatoria dunha sesión da Comisión de Peticións e dun Pleno Extraordinario, para abordar tanto o nomeamento da Valedora do Pobo como a aprobación do proxecto de Lei de Patrimonio Natural

O Grupo Popular vén de rexistrar, logo de manter contactos cos portavoces dos grupos da oposición e constatar que conta con apoios suficientes no Pleno do Parlamento para o seu nomeamento, a proposta de María Dolores Fernández Galiño para ocupar o posto de Valedora do Pobo.

Así mesmo, o Grupo Popular rexistrou a solicitude de celebración dunha sesión da Comisión de Peticións e dun Pleno Extraordinario, no que se abordaría o nomeamento da nova Valedora do Pobo e se debatería a aprobación definitiva do proxecto de Lei de Patrimonio Natural de Galicia.

CURRÍCULUM

María Dolores Fernández Galiño é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Práctica Xurídica pola mesma universidade. Logo de superar as oposicións de ingreso na Carreira Xudicial e na Carreira Fiscal, estivo destinada no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas. Posteriormente, Fernández Galiño ascendeu á categoría de maxistrada, exercendo no Xulgado do Social número 2 de Pontevedra e, na actualidade, na sección 2ª da Audiencia Provincial de A Coruña.

Ademais do nomeamento da nova Valedora do Pobo, a sesión plenaria incluiría o debate para a súa aprobación do proxecto de Lei de Patrimonio Natural de Galicia que dotará a Galicia dun novo marco normativo máis moderno e adaptado aos problemas aos que se enfronta na actualidade o patrimonio natural, logo de 18 anos de aplicación da Lei de Conservación da Natureza.

Comentarios