Quen é o culpable de que non haxa Goberno?

Quen é o culpable de que non haxa Goberno?
Arquivo
Quen é o culpable de que non haxa Goberno?

Este xoves celebrouse a sesión para investir a Pedro Sánchez coma presidente do Goberno.

Nesta segunda e definitiva votación para investir a Pedro Sánchez como presidente volve fracasar tras non acadar os apoios necesarios. De novo, o actual presidente en funcións e o lider da formación morada non chegan a ningún acordo.

O Partido Socialista logrou o apoio de 123 deputados, repartidos entre o Partido Rexionalista de Cantabria e o propio PSOE. En total 124 votos a favor que non foron suficientes, a pesar de que nesta segunda votación Sánchez podería ter sacado adiante a investidura soamente obtendo a maioría simple, é dicir, máis votos a favor que en contra.

En total contabilizáronse 155 votos en contra. Aos 66 deputados do PP sumáronse os 57 de Ciudadanos, así como os 24 de Vox, os dous de Coalición Canaria, os dous de Navarra Suma, e os catro de JxCat. Non obstante, o maior golpe para as aspiracións de Sánchez á presidencia veu da man de Unidas Podemos. A formación morada volveu optar pola abstención, pese a que as negociacións seguiron abertas "até o último minuto".

Por parte da oposición, o bloque das dereitas acusa ao candidato socialista de non ser quen de conformar un goberno con garantías e abandoar esta situación de interinidade na que se atopa o actual goberno en funcións desde hai varios meses. 

ESPAÑA, PARALIZADA POR UN MINISTERIO?

Desde Unidas Podemos, reclamábanse importantes concesións para apoiar a investidura de Sánchez. Esta mesma mañá o partido de Pablo Iglesias pedía unha vicepresidencia social, ademais dos ministerios de Traballo, Sanidade e Ciencia e Universidades. A oferta foi rexeitada de inmediato polo partido socialista que achaca a Pablo Iglesias o fracaso das negociacións. "Mientras este señor este al frente de Unidas Podemos nunca podrá haber un acuerdo" afirmou un veterano dirixente da exefutiva federal do PSOE.



Comentarios