​Touro acolle o próximo sábado día 27 de xullo o seu primeiro festival

​Touro acolle o próximo sábado día 27 de xullo o seu primeiro festival
Concello Touro
​Touro acolle o próximo sábado día 27 de xullo o seu primeiro festival

Música no Camiño do Holandés-Eurovelo 2019, que organiza o Concello de Touro e patrocina a

Administración autonómica a través do Xacobeo 2021

Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. A cita será a partir das 21.00 horas no campo da festa de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro e por onde discorre o Camiño do Holandés, unha ruta que tradicionalmente utilizan os peregrinos en bicicleta procedentes do Norte e do Centro de Europa para chegar a Santiago de Compostela. Música no Camiño do Holandés-Eurovelo 2019 vai dirixido a todo tipo de públicos, a novos emaiores, a rapaces e non tan rapaces. A Pinguela de Bama é o grupo que abrirá o festival ás 21.00horas 

A formación, procedente da parroquia de Bama, no Concello de Touro, pretende conservar,difundir e recuperar a música popular galega transmitida de xeración en xeración, así como achegar a esta á xuventude e fomentar as redes asociativas veciñais. A Pinguela de Bama, quere tamén recuperar espazos e festividades, onde o sentir da música galega sexa o protagonista.

As Nenas do Sapo Dourado chegarán ao escenario de Música no Camiño do Holandés-Eurovelo ás22.45 horas. Este grupo de pandereteiras procede da parroquia de Loxo, no Concello de Touro.Amenizarán coas súas pandeiretas e aturuxos a noite de Fonte Díaz. O grupo que pechará o festival será Tanto Nos Ten. Comezarán ás 23.15 horas. 

Eles defínense como un grupo que emprega un repertorio e letras propias e dosaber popular para interactuar coa xente e converter nunha festa cada unha das súas actuacións.

O proxecto Música no Camiño do Holandés-Eurovelo nace como unha aposta polo recoñecemento,promoción e potenciación deste camiño para peregrinos en bicicleta. Pretende implicar a toda apoboación e xerar un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da comunidade. A músicaservirá como ferramenta de construción de identidades e vehículo de conexión.

Comentarios
Lo más