A nova biblioteca de Ordes instalará o sistema de xestión KOHA

A nova biblioteca de Ordes instalará o sistema de xestión KOHA
Concello de Ordes
A nova biblioteca de Ordes instalará o sistema de xestión KOHA

O centro permanecerá pechado ao longo de toda a vindeira semana para a súa implantación. Usuarios e usuarias deberán solicitar o seu novo carné de socio para poder acceder a un fondo que supera os 900.000 títulos e os 2.900.000 exemplares


A biblioteca municipal de Ordes está a instalar nestes días o novo sistema de xestión KOHA, común a toda a rede bibliotecaria galega. A implantación deste novo sistema de xestión posibilitará, entre outras cousas, a creación dun catálogo único para todas as bibliotecas públicas de Galicia e a unificación dos carnés de socios, que serán válidos para toda a rede.

Por este motivo a biblioteca de Ordes permanecerá pechada durante a vindeira semana, do 29 de xullo ata o 4 de agosto.

Deste xeito a de Ordes únese ao resto de bibliotecas que migran do sistema usado ata o de agora, o Meiga, ao KOHA. Grazas a isto os usuarios e usuarias poderán dispoñer dun fondo documental de 900.000 títulos con máis de 2.900.000 exemplares. Outra ventaxa será a posibilidade de levar a cabo calquera trámite, incluso a renovación de préstamos, desde calquer centro integrado na rede

As socias e socios deberán pasar pola biblioteca municipal de Ordes nas próximas semanas para obter o novo carné.



Comentarios
Lo más