Concentración de Automóbiles Antigos e Traxes de Época

Concentración de Automóbiles Antigos e Traxes de Época
Concentración de Automóbiles Antigos e Traxes de Época

Mañá sábado, día 27, El Corte Inglés recibe aos participantes na ‘XXXII Concentración de Automóbiles Antigos e Traxes de Época’, actividade que se enmarca dentro das Festas do Apóstolo 2019.

A chegada dos vehículos participantes a fachada de El Corte Inglés será ás 16 horas, é a partir das 17 horas, clientes e interesados poderán admiralos. Serán trinta e catro vehículos, que nos permitiran facer un percorrido pola historia automobilística do século pasado. Exemplares matriculados entre 1912 e 1971, de marcas coñecidas como Renault, Citroën, Opel, Ford, Mercedes, Jaguar, Bugatti e non tanto, como é o caso de; Panhard, Dodge, Pierce Arrow, Bentley, Aubour, Plymouth o Daimler.

A estimación de participación, segundo o Club Gallego de Automóviles Antiguos, é de 34 automóbiles e arredor de 80 persoas, chegadas dende toda Galicia.

Ás 18 horas, os participantes seguirán o percorrido dende El Corte Inglés ata Praterías, pasando por; Rosalía de Castro, Avda. Xoan Carlos, Porta Faxeira e Rúa do Vilar.  Na praza de Praterías, ás 19 horas, continuará o programa da concentración co Concurso de Traxes de Época e remate coa Exposición na Praza do Obradoiro.  

Comentarios
Lo más