Máis dun 85% dos fogares galegos dispón de servizo de internet contratado

Máis dun 85% dos fogares galegos dispón de servizo de internet contratado
Arquivo
Máis dun 85% dos fogares galegos dispón de servizo de internet contratado

Entre 2015 e 2018 Galicia rexistrou un incremento dun 20% na porcentaxe de vivendas que contratan o acceso á rede

O 85,6% dos fogares galegos ten un servizo de internet contratado, segundo se recolle no estudo “A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2018”, publicado hoxe. Esta porcentaxe supón un incremento dun 20% respecto ao ano 2015, o dobre que o rexistrado no conxunto do Estado no mesmo período de tempo.


O informe, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito a Amtega, amosa que o crecemento na contratación a internet rexístrase especialmente nos núcleos de menos habitantes. Así nas entidades de poboación con menos de 5.000 persoas, a porcentaxe de fogares con servizo de internet sitúase no 69%, fronte ao 54,4% de 2015; e nos núcleos de 5.000 a 10.000 habitantes o 81% do fogares dispoñen deste servizo, fronte ao 65,5% rexistrado tres anos antes.


Cómpre destacar como a convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de internet. O 99% dos fogares con nenos en idade escolar teñen internet contratado mentres que nos fogares sen nenos a porcentaxe descende ata o 81,4%.


No 2018 tamén aumenta a porcentaxe de usuarios de Internet, que acada o 80%, 10 puntos máis que tres anos antes. Neste indicador destaca o incremento rexistrado entre os maiores 65 anos, dos cales un 34,8% accederon a internet en 2018, mentres que en 2015 esta porcentaxe non superaba o 21%. Aumenta, tamén, o uso entre as persoas de 55 a 64 anos, que pasa dun 50% en 2015 a máis dun 67% en 2018.


Este incremento é especialmente significativo en Galicia, onde máis do 25% da poboación ten máis de 65 anos. Nas restantes franxas de idade, os galegos igualan ou superan a media estatal no uso da rede con valores por riba do 96%,agás na franxa dos 45 aos 55 anos que se sitúa nun 88,8%, só a 2 puntos de distancia da media do Estado.


Ao igual que na contratación, a convivencia con nenos incide significativamente no uso de internet. Así, nos fogares con nenos en idade escolar obrigatoria a porcentaxe de uso sitúase no 93,5% mentres que nos fogares sen nenos descende ata o 75,3%

ROUPA E VIAXES, AS COMPRAR PREFERIDAS POR INTERNET

O 46,6% dos internautas fixo algunha compra a través da Rede nos últimos tres meses. Entre os produtos e servizos adquiridos destacan a roupa e complementos (52,3%), produtos e servizos relacionados coas viaxes (billetes para medios de transporte, aluguer de coches, hoteis... (33,5%), roupa e material deportivo (31,7%) e entradas para espectáculos (29,8%)



Comentarios
Lo más