A rapa das bestas acabará en Bruxelas por maltrato aos cabalos

A rapa das bestas acabará en Bruxelas por maltrato aos cabalos
Turismo Rías Baixas
A rapa das bestas acabará en Bruxelas por maltrato aos cabalos

Dúas asociacións denuncian ante o Parlamento Europeo a agresividade ca que se trata ás "bestas"

As encargadas de executar esta denuncia son: a asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber. A primeira é unha asociación animalista catalana con delegación en Galicia e a segunda unha fundación que que protexe a flora e a fauna situada en Suíza.

Ambas pretenden pedir explicacións á Comisión Europea respecto o "inadecuado trato aos cabalos" baixo o suposto "saneamento e control" ca que se segue publicitando esta curiosa tradición. Temen, que este "espectáculo" teña unha repercusión maior da que xa ten e insta ás autoridades galegas a "tomar medidas" para regular esta práctica.

Ademais denuncian o uso indiscriminado de medicamentos veterinarios "sen ningún tipo de intervención profesional". Asimesmo administran desparasitadores "de maneira errática" sen ningún tipo de control previo, xa que advirten que é necesario coñecer o estado de saúde do animal, así como o peso, a idade ou outros factores a ter en conta.

Os gandeiros deféndense destas acusacións explicando que é un proceso de desparasitación a animais salvaxes e ceibes, ca única vontade de sanear aos animais na medida do posible.

Todas estas inquedanzas serán expostas no Parlamento de Bruselas a través dun eurodeputado do grupo Verde/ALE e de novo volvese a abrir o debate. Tradición ou brutalidade?

Comentarios