Pedro Sánchez cierra las puertas a Unidas Podemos definitivamente

Pedro Sánchez cierra las puertas a Unidas Podemos definitivamente
Arquivo
Pedro Sánchez cierra las puertas a Unidas Podemos definitivamente

A política española segue paralizada tras a sesión fallida da investidura

Ao PSOE xa non lle interesa un Goberno en coalición. Tras tentar por segunda vez unha investidura co apoio da formación morada e fracasar no intento, o partido de Pedro Sánchez retoma a estratexia que pretendían levar a cabo desde o principio, a abstención de todas as formacións políticas.

Apelan ao ben estar do país e responsabilizarán a aqueles partidos que non se absteñan para ser investido presidente sen apoios.

Tendo en conta os resultados da última investidura, nos que acadou un total de 123 deputados contando co único apoio do PRC,  os 155 votas en contra e 67 abstencións parece demasiado complicado formar goberno, pero persoas vinculantes do partido aseguran que non é imposible. De todas maneiras, o Sánchez non volverá tender a a man a Iglesias para chegar a un acordo.

Este cambio de táctica ven da man do fracaso das negociacións con Unidas Podemos, xa que non aceptou as condicións propostas polo PSOE. A vicepresidenta en funcións Carmen Calvo "Nosotros intentamos en serio el Gobierno de coalición y ayer Unidas Podemos le cerró el paso", asegurou Carmen Calvo no día de hoxe tras o Consello de Ministros. 

Por todo elo, agora chaman irresponsables ao resto de partidos que non se absteñan na investidura. Se queren o mellor para España, España necesita ser gobernada. 


Comentarios