En Marea insta ao PSOE a buscar un consenso coas forzas progresistas para a renovación da Valedora do Pobo

En Marea insta ao PSOE a buscar un consenso coas forzas progresistas para a renovación da Valedora do Pobo
Arquivo
En Marea insta ao PSOE a buscar un consenso coas forzas progresistas para a renovación da Valedora do Pobo

Esta mañá o voceiro de En Marea explicaba a postura do seu partido fronte a posición e renovación da Valedora do pobo

O voceiro de En Marea, Luís Villares, criticou este venres que a renovación na Valeduría do Pobo chega tarde e o uso espúreo das institucións por parte do Partido Popular. “A institución está moi desprestixiada porque o PP fixo un uso partidario dela e mativo á persoa que nomeou a pesar de haber sentencias reiteradas de enchufismo contra ela", destacou. 

En marea vaise opoñer ao nomeamento de María Dolores Fernández Galiño como Valedora do Pobo na Cámara Galega porque non é un nome representativo dunha idea ampla e consensuada. 


Por outra parte, Villares lamentou o " mal comexo" do socialista Gonzalo Caballeor no Parlamento ao ir buscar consensos na dereita para pactar co PP o nome da persoa que copuará a Valeduría do Pobo. "Debería buscar consensos no espazo progresista amplo de Galicia, que agora mesmo está representado na oposición do Parlamento", sinalou para engadir que "era o momento de exmplificar que aquí facemos as cousas de forma diferente".

O voceiro de En Marea apuntou que con este pacto entre PP e PSOE pérdese "unha oportunidade de establecer unha estratexia de cooperación leal no espazo progresista galego para poder ir avanzando unha idea de alternativa progresista para as eleccións do ano 2020".

No relativo á investidura fallida de onte no Congreso dos Deputados, Villares, referiuse á "actitude irresponsable" de PSOE e Podemos porque con un mandato tan grande para facer un goberno progresista non foron capaces de chegar a un acordo.

Dende o Parlamento de Galicia, Villares fixo este venres un novo chamamento á responsabilidade "porque está en xogo unha alternativa progresista para Galicia no ano 2020".

Comentarios