Nubes e claros durante todo o día

Nubes e claros durante todo o día
Meteogalicia
Nubes e claros durante todo o día

En Santiago a temperatura máxima será de 22º mentres que ás minimas rozarán os 15º

Situación intermedia entre altas e baixas presións, aínda con certa inestabilidade debido ao aire frío nas capas altas da atmosfera. Deste xeito amenceremos con nubes baixas cubrindo os ceos con chuvias.

A partir do mediodía iranse abrindo claros e as chuvias irán cesando progresivamente. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do sur ao principio do día, cambiando a norte pola tarde.

Comentarios
Lo más