“A xente quéreme moito e déronme ese empuxón para vir”

“A xente quéreme moito e déronme ese empuxón para vir”
Compostela
“A xente quéreme moito e déronme ese empuxón para vir”

O lateral foi presentado en Cecastar, o taller da familia que apoia ao club

Na sede de Cecascar, taller familiar da familia Seoane Mella, o mediano da saga, Óscar, máis coñecido como Jimmy, viviu a súa posta de longo na terceira etapa como xogador da SD Compostela. Acompañado polo seu irmán maior Alberto, xerente da empresa, e Javier Puñal, director de marketing do club, o lateral santiagués explicou a ilusión que lle produce volver á súa casa. “Estou moi contento de estar aquí, espero que sexa un ano bo e oxalá esteamos o ano próximo en Segunda B. Esa é a idea”, matizou ante os medios de comunicación.

Despois de vivir os dous últimos playoffs desde a bancada, agarda que a sorte acompañe ao equiponesta ocasión, malia que para iso aposta por quedar de primeiros. “O ideal sería quedar primeiros, porque senón dependes moitos dos cruces, pero hai que ir paso a paso porque será complicado”, detallou.

Fala de ilusión, pero tamén de prudencia, posto que a experiencia no fútbol outórgalle coñecementode causa. “O importante é chegar ben ao final de tempada”, remarcou. De volta no Compos, Jimmy atoparase na defensa con Saro, irmán co que nunca xogara. “Estou moi contento de vernos xuntos e máis no Compostela. Adestramos xuntos algún ano, pero esta será a nosa primeira tempada”, explicou.


Outro dos aspectos que lle motivan é o agarimo que sempre lle mostrou a afección. “A xente quéreme moito e déronme ese empuxón para vir”, comentou. A maiores, destaca a calidade dun grupo no que atopa vellos amigos, pero tamén coñecidos a través de Saro. “Falo moito con Pato e de feito quedamos para comer moitas veces. Teño unha gran relación con el e despois tamén me falou o meu irmán do bo ambiente do grupo humano”, sinalou.

NO PERSOAL

A nivel persoal, aclarou que se atopa ben, aínda que ten que coller o ritmo tras dous meses parado.“Con dous adestramentos estaba para pouco, pero para iso está a pretempada”, asegurou. Con ganas de coller ritmo e coa ilusión dun neno pequeno, Jimmy volve ao Compos con gañas de cumprir o seu décimo ano en Segunda B no club da súa vida e na cidade que tanto adora. Nela, tras pasar por infantís, acabou recibindo o sobrenome que o marcou para sempre. 

Comentarios