A Real Filharmonía de Galicia protagonizará un concerto nas Festas do Apóstolo co poliinstrumentista Abraham Cupeiro,

A Real Filharmonía de Galicia protagonizará un concerto nas Festas do Apóstolo co poliinstrumentista Abraham Cupeiro,
Arquivo
A Real Filharmonía de Galicia protagonizará un concerto nas Festas do Apóstolo co poliinstrumentista Abraham Cupeiro,

Terá a lugar ás 22:00 o martes, 30 de xullo

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo. A Praza da Quintana acollerá un concerto da RFG xunto ao poliinstrumentista galego Abraham Cupeiro, o vindeiro martes, 30 de xullo, ás 22:00 horas. O músico ofrecerá varias pezas integradas no seu disco “Os sons esquecidos”, gravado coa RFG en 2016 para o selo discográfico Warner Classics. Os convites para as cadeiras xa están esgotados. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Galicia. 

O poliinstrumentista natural de Sarria despregará sobre o escenario diversos instrumentos de vento antigos, esquecidos no tempo, de diferentes épocas e lugares, algúns deles de hai máis de 2.000 anos, que el mesmo recuperou e reconstruíu para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Destaca o caso do kárnix, unha trompeta celta da Idade de Ferro de tres metros de lonxitude, que rescatou hai uns anos grazas aos seus descubrimentos musicolóxicos e construíu guiándose pola imaxe dunha moeda romana. Tamén se poderá escoitar un instrumento ancestral na tradición galega, a corna, orixinaria da Idade de Pedra, que durante séculos empregaron os pastores en Galicia e na segunda metade do século XX xa estaba extinguida.

“Os Sons Esquecidos” é unha viaxe musical no tempo ao redor do mundo, unha busca das fontes orixinais, dando como resultado sons novos e sorprendentes. Así, no transcurso da actuación o público terá a oportunidade de escoitar unha selección de temas deste disco. Trátase de pezas como Oceanía, Tocata de cornas I e II, Armenia, Baleas, Sereas, Costa Atlántica ou África.

Comentarios
Lo más