A folga do persoal de terra de Iberia paraliza o aeroporto do Prat

A folga do persoal de terra de Iberia paraliza o aeroporto do Prat
Arqivo
A folga do persoal de terra de Iberia paraliza o aeroporto do Prat

A folga que está levando a cabo nun dos aeroportos con máis tráfico de pasaxeiros e afecta a Galicia.


O Prat, durante todo o fin de semana ten prevista unha folga que no día de hoxe xa obligou a cancelar máis de 62 voos, entre eles algúns con destino a aeroportos galegos - según os datos comunicados por Aena-. A estas cancelacións súmaselle a terribleme tormenta eléctrica que está a sacudir a cidade de Barcelona e preevese que van ser moitos máis o número de voos cancelados.

As condicións atmosféricas, están dificultando moito o acordo que implica os servizos mínimos de AENA, imposto polo Ministerio de Fomento e que supón o cumplimento de:

- 100% de voos con destino ás illas.

- 54% para destinos internacionais.

- 32% de voos peninsulares.

A esto, súmaselle unhas condicións moi complicadas, incluso para facer fronte a estes servizos. Resulta ser, que, o aeroporto do Prat estivo obligado a pechar por unha hora(entre as 13:00 e 14:00) o tráfico aéreo por motivos de seguridade.

Traballadores e sindicatos non deron chegado a un acordo e iniciaron esta folga con motivo da sobrecarga laboral a que se ven sometidos e a falta de persoal.

Por outra banda, Vueling , a compañía "low cost" , este venres mandou un comunicado anunciando a cancelación de máis de 110 voos, adevertindo os posibles inconvintes que esto pode supor. Entre as rutas afectadas está un voo con destino a Santiago de Compostela na noite do domingo.

Comentarios
Lo más