Un motorista perde a vida en Rianxo

Un motorista perde a vida en Rianxo
Twitter
Un motorista perde a vida en Rianxo

O suceso aconteceu sobre as 19:00 da tarde do pasado sábado na parroquia de Leiro, en Rianxo

Un motorista faleceu e outro foi evacuada no helicóptero medicalizado ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola estrada de Brión á altura de Leiro.

Foron varias persoas as que alertaron ao 112 do accidente pedino rápidamente asistencia médica para ambos motoristas.

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que, debido a gravidade das lesións dos ocupantes, mobilizaron a aeronave con base en Ourense.

Igualmente, para colaborar no operativo, desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ata o lugar do sinistro tamén acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico para realizar as correspondentes pescudas do sucedido.

Comentarios