A Xunta achega 5,3 millóns de euros para impulsar a producción audiovisual galega

A Xunta achega 5,3 millóns de euros para impulsar a producción audiovisual galega
Arquivo
A Xunta achega 5,3 millóns de euros para impulsar a producción audiovisual galega

Adxúdicaronse as axudas para 17 novos filmes galegos

A Xunta de Galicia subvencionará ao longo deste ano este ano 17 novos filmes galegos a través da adxudicación das axudas da Consellería de Cultura e Turismo, o que suporá mobilizar 5,3 millóns de euros no sector. A resolución da última convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), dotada con 2 millóns de euros, contribuirá deste xeito á chegada ás pantallas de seis longametraxes (cinco delas de ficción, unha de animación, e seis documentais), así como de catro curtametraxes e unha serie de televisión.

Na modalidade de longametraxes de ficción, subvenciónase con 234.205 euros "Dibujos animados" (Honeymoon), presentado por Pulsa Control Z e con dirección de Enrique Otero. Esta mesma contía é a que recibirá "María Solinha", de Vía Láctea Filmes e dirección a cargo de Ignacio Vilar. Os restantes tres títulos desta categoría son "O corpo aberto", de Ollo Vivo e dirección de Ángeles Huerta; "Tres, proxecto da AIE Tres La Película Frida Nair, e San Simón, da produtora Miramemira. Cada un deles percibirá 253,722 euros, idéntica cantidade adxudicada á única fita de animación beneficiaria: O meu avó, da AIE Caretos Films.


No caso dos documentais, son outras seis longas as adxudicatarias: "Os días calados do Sr. Stevens", de Matriuska Producciones con dirección de César Souto; "Onde máis doe", de Xamalú Filmes con dirección de Manane Rodríguez; "Nación",  de Nós Produtora Cinematográfica Galega con dirección de Margarita Ledo; "A Virxe Roxa", de Recrea Filmes con dirección de Marcos Nine; Alén da Terra, de Somadrome Films con dirección de Ruth Chao, e "Kevin vs Ray", de Pulsa Control Z con dirección de Eduardo Herrero e Manuel Lemos. A cada un dos catro primeiros títulos adxudicóuselles 78.068 euros, en canto ós dous último recibirán unha cuantía de 58.551€.

No apartado de formatos para televisión, "Tres flores sen piedade", serie de CTV para Televisión de Galicia, baixo a dirección de Juan Galiñanes, recibirá 253,722 euros.

CONTINUIDADE DO PROXECTO

Moitos destes títulos seguirán sendo impulsados, pese que xa contaron cas subvencións con anterioridade. Son os casos de Dibujos animados (Honeymoon), O corpo aberto, Os días calados do Sr. Stevens, A Virxe Roxa e Kevin vs Ray.


Completan a relación de proxectos apoiados as curtametraxes "Rompente", de Zeitun Films con dirección de Eloy Domínguez; "16 de decembro", de Sombriza Films con dirección de Álvaro Gago; "Lolo da Illa", de Alfonso Vázquez Cortizo; e "Non me espera ninguén", de Ladybug Films. Cada un destes catro títulos recibirá unha axuda de 15.000 euros.


Ademais súmase excepcionalmente a produción da serie de televisión "3Caminos", de Ficción Producciones, que conta con 1,5 M€ da Xunta de Galicia como adxudicataria da convocatoria publicada en 2018 e dirixida á selección dunha obra que difunda os valores do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021.

Así o comunicou a Xunta de Galicia na mañá do día de hoxe.


Comentarios