Alfombristas de Ames participaron no Encontro Internacional de Arte efémera, en Bueu

Alfombristas de Ames participaron no Encontro Internacional de Arte efémera, en Bueu
Alfombristas de Ames participaron no Encontro Internacional de Arte efémera, en Bueu

Tratouse dun evento de carácter internacional que reuniu delegacións de alfombristas de 6 países diferentes (India, Malta, Portugal, Italia, Alemaña e España)

Arredor de 10 persoas de Ames, que no seu tempo libre se dedican a elaboración de alfombras florais, participaron esta pasada fin de semana no Encontro Internacional de Arte efémera, que se celebrou en Bueu os días 26, 27 e 28 de xullo. Tratouse dun evento de carácter internacional que reuniu delegacións de alfombristas de 6 países diferentes (India, Malta, Portugal, Italia, Alemaña e España). O título da alfombra de Ames, que tivo unhas dimensións de 8x4 metros, foi “Camiño de peregrinos”. Para a súa elaboración empregouse unha técnica mixta.

Un grupo de alfombristas de Ames, que no seu tempo libre se dedican a elaboración de alfombras florais, participaron por segundo ano consecutivo no Encontro Internacional de Arte efémera, que se celebrou en Bueu os días 26, 27 e 28 de xullo. Tratouse dun evento de carácter internacional que reuniu delegacións de alfombristas de 6 países diferentes -India, Malta, Portugal (2), Italia (3), Alemaña e España- na confección de alfombras ao redor do tema común "O camiño das estrelas ao seu paso por Bueu", cada cal coa súa proposta artística e de acordo ás súas tradicións.

Os deseños enmarcáronse na forma dun ánfora romana atopada en Bueu e empregada naqueles tempos para levar os produtos da salazón desta zona da península ibérica a outros moitos puntos de Europa, simbolizando así a conexión de Bueu co mundo a través destas rutas comerciais e culturais. Durante a noite do venres, 26 de xullo, todas as delegacións participantes despregaron a súa creatividade para elaborar as súas alfombras florais. Estas obras de arte efémero estiveron posteriormente expostas ao público os días 26 e 27, na praza Massó de Bueu.

O título da alfombra de Ames foi “Camiño de peregrinos”, xa que Ames é un dos poucos concellos galegos polo que discorren varios dos Camiños de peregrinación xacobea. Son dúas as rutas de peregrinación que discorren polo seu territorio: o Camiño Real de Santiago a Fisterra - Muxía e o Camiño Portugués.

A alfombra floral, que elaboraron as alfombristas de Ames, contou cunhas dimensión de aproximadamente 8x4 metros. Na imaxe da alfombra púidose ver a fachada da capela de San Xoanciño de Pousada e maila ponte romana de Augapesada, así como o logotipo do Concello de Ames. Para a súa elaboración empregouse unha técnica mixta.

Comentarios