Clausurado o Obradoiro Tahume V organizado entre os concellos de Ribeira e Porto do Son

Clausurado o Obradoiro Tahume V organizado entre os concellos de Ribeira e Porto do Son
Clausurado o Obradoiro Tahume V organizado entre os concellos de Ribeira e Porto do Son

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, acudiu a este acto que contou coa presenza institucional representando ao Concello de Ribeira do seu alcalde Manuel Ruiz

O Centro Cultural Lustres Rivas viviu o luns á tarde o acto de clausura do obradoiro de emprego Tahume V que nos últimos nove meses se estivo a desenvolver como unha acción compartida entre Ribeira e Porto do Son.

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, acudiu a este acto que contou coa presenza institucional representando ao Concello de Ribeira do seu alcalde Manuel Ruiz e do seu concelleiro Ramón Doval, mentres que polo veciño municipio sonense acudiron os concelleiros María José Maneiro e Manel Deán.

En total foron vinte os alumnos que dende novembro do 2018 estiveron a formarse ben en traballos de carpintería e moble ou ben en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, ao tempo que efectuaron traballos beneficiosos para a comunidade, como a fabricación de mobiliario en madeira ou a conservación de masa forestal.

OBRADOIRO DE COCIÑA

Na súa intervención, o alcalde Manuel Ruiz adiantou que a relación que durante cinco anos consecutivos uniu a Riveira e Porto do Son para levar a cabo os obradoiros Tahume interrómpese temporalmente, xa que desta vez o concello riveirense solicitou á Xunta un obradoiro de emprego de cociña aproveitando que se está a adaptar o segundo andar do mercado para crear unha escola de hostalería e perfeccionar a formación neste sector tan importante para a economía local.

Comentarios