Negreira atendeu a 4.221 peregrinos dende abril de 2019

Negreira atendeu a 4.221 peregrinos dende abril de 2019
Negreira atendeu a 4.221 peregrinos dende abril de 2019

Polo xeral, a meirande parte das persoas solicitan o selo da credencial e piden información sobre o Camiño e o aloxamento.

O Concello de Negreira publicou nesta semana os datos conseguidos gracias ás estatísticas de solicitantes de información na caseta de turismo do concello.

Con esta información pódese averiguar non so cantas persoas pasaron pola caseta de información do concello de Negreira nos últimos catro meses, senón tamén de onde veñen, cantos anos teñen e cal é a súa motivación.

En abril o total de persoas foron 735, cun 54% procedentes do estado español, seguido en importancia por Portugal, Alemaña, Italia e Francia. En maio, atendéronse 1.045 persoas, cun 32% procedentes do conxunto de España, seguido de Italia, Alemaña, Francia e Portugal.

No mes de xuño pasaron pola caseta de información turística un total de 1.381 visitantes, cun 42% do conxunto de España, seguido de Italia, Alemaña, Francia e Portugal.

En xullo, a falta de poucos días para que remate o mes, foron atendidas no punto de información 1.064 persoas, das que o 53% viñeron do territorio español, seguido de Italia, Francia, Alemaña e Irlanda.

Polo xeral, a meirande parte das persoas solicitan o selo da credencial e piden información sobre o Camiño e o aloxamento.

Os países emisores que máis presenza adoitan ter despois de España son Italia, Alemaña e Francia, mentres que as provincias con maior protagonismo son Madrid, Barcelona e a propia provincia da Coruña.

Arredor do 90% das persoas atendidas viñan a pé facendo o Camiño; o resto de visitantes repártense principalmente entre as que fan o Camiño en bicicleta e as persoas que viaxan en medios de transporte a motor.

Comentarios