Solicítanlle ó concello de Touro que presente alegacións ó plan de transporte

Solicítanlle ó concello de Touro que presente alegacións ó plan de transporte
Solicítanlle ó concello de Touro que presente alegacións ó plan de transporte

A oportunidade de mudar as actuais liñas de autobús, que deixan sen servizo á maior parte da veciñanza , pasa inadvertida para o goberno local

A marea veciñal solicitou por escrito a semana pasada a posta en marcha dos medios e recursos necesarios para presentar alegacións ó anteproxecto de transporte metropolitano no que afecta ó concello de Touro.

Ó longo do ano 2018 todos os concellos e axentes interesados tiveron a oportunidade de presentar as súas demandas ante a dirección xeral de mobilidade. O principal grupo da oposición xunto coa veciñanza formularon un plan de transporte adaptado ás necesidades do concello, o cal remitiron á administración competente.

O concello de Touro, presidido por Ignacio Codesido, estivo ausente durante todo este proceso, o cal foi suficientemente publicitado nos medios de comunicación, e ata esta petición de recursos e medios da marea veciñal para formular as alegacións oportunas, o goberno municipal admitiu non coñecer a existencia dun novo plan de transporte que estará vixente os próximos dez anos.

Recordanlle ó alcalde que non hai tempo para as vacacións até que se resolva un problema de vital importancia como é este, e poñen á súa disposición todo o traballo que se fixo durante este último ano.

Comentarios
Lo más