CxG Ribeira amosa o seu rexeitamento á colocación de contenedores frigoríficos en Ribeira e na Pobra

CxG Ribeira amosa o seu rexeitamento á colocación de contenedores frigoríficos en Ribeira e na Pobra
CxG Ribeira amosa o seu rexeitamento á colocación de contenedores frigoríficos en Ribeira e na Pobra

Desde Compromiso aseguran que defenden os postos de traballo da comarca barbancesa "por riba de todo", ademais non consideran lóxico ter que ceder "aos caprichos persoais dunha empresa"

A formación galeguista Compromiso por Ribeira (CxG-Ribeira) vén de presentar un escrito dirixido á Consellería do Mar, nel recóllese o total rexeitamento a colocación de contedores nos portos de Ribeira e Pobra do Caramiñal, por considerar que pode responder a unha táctica que busca a deslocalización das descargas de túnidos a outros portos.

Segundo a formación galeguista, chama a atención a teima con colocar os citados contedores nas zonas portuarias cando non chegan por vía marítima, fano pola terrestre. No caso de Pobra existen amplas zonas no recinto portuario, fóra do que solicitan, en desuso, en cambio insisten en que ten que ser no recinto de descargas, no caso de Ribeira xa sería practicamente calquera tipo de localización alternativa no porto pola gran actividade e pouco espazo.

Desde Compromiso aseguran que defenden os postos de traballo da comarca barbancesa "por riba de todo", ademais non consideran lóxico ter que ceder "aos caprichos persoais dunha empresa cando non é imprescindible esa ubicación". 

Por outro lado, informan que apoirán calquera tipo de acto de protesta contra o proxectado, tamén estudarán  a posibilidade de elevar o tema ao Senado e Parlamento Europeo a través do Partido Nacionalista Vasco (PNV), no caso de ser oportuno e posible.

Comentarios