Ponte Ledesma acollerá o vindeiro venres 9 de agosto unha nova edición da Noite Velada

Ponte Ledesma acollerá o vindeiro venres 9 de agosto unha nova edición da Noite Velada
Ponte Ledesma acollerá o vindeiro venres 9 de agosto unha nova edición da Noite Velada

A proposta contará con catro actuacións musicais, conxuro e degustación de queimada e postos de comida e bebida 

O Campo do Río de Ponte Ledesma acollerá o vindeiro venres 9 de agosto unha nova edición da Noite Velada. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, pretende aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe dunha ponte histórica que se alumeará coa luz das candeas.

Un ambiente máxico que se recreará a partires das 21.30 horas. A Noite Velada estará amenizada polas actuacións de Estralampo, Luz do Ilicinio, Muxicas da Silveira e Manoele de Felisa. As persoas que acudan a esta cita disporán tamén de diversos postos de comida e bebida nos que aproveitar para gozar dunha cea acompañada por distintos ritmos musicais.

Á luz das centos de candeas que iluminarán a histórica ponte, a Noite Velada concluirá cunha representación do conxuro da queimada e unha degustación de balde para todas as persoas asistentes.

A actividade é totalmente gratuíta. Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza e visitantes a participar nesta Noite Velada, que agardan conte con centos de asistentes.

Comentarios