Os socialistas galegos propoñen á xornalista María Xosé Porteiro como adxunta á Valedora do Pobo

Os socialistas galegos propoñen á xornalista María Xosé Porteiro como adxunta á Valedora do Pobo
Os socialistas galegos propoñen á xornalista María Xosé Porteiro como adxunta á Valedora do Pobo

María Xosé Porteiro exerceu distintos cargos institucionais, políticos e profesionais e leva vinculada á loita feminista ao longo de varias décadas

O Grupo Parlamentario Socialista propón á xornalista e escritora María Xosé Porteiro para o cargo de adxunta á Valedora do Pobo en recoñecemento á súa traxectoria “galeguista, feminista e progresista” e por entender que amosa o perfil necesario para abrir “a nova etapa” que precisa a institución.

María Xosé Porteiro exerceu distintos cargos institucionais, políticos e profesionais e leva vinculada á loita feminista ao longo de varias décadas, así como aos movementos progresistas e galeguistas.

Presidiu a comisión de igualdade do Consello da Cultura Galega dende 2014 e desde 2018 é membro da comisión executiva do propio CCG. Foi a primeira concelleira de igualdade de Galicia -no Concello de Vigo- no ano 1987. Asemade, foi deputada tanto no Parlamento de Galicia como no Congreso, e chegou a ser delegada da Xunta para Arxentina e Uruguay.

Autora de máis dunha decena de libros -o último, ‘Sándalo’, foi publicado por Editorial Galaxia este mesmo ano-, actualmente está centrada na súa actividade cultural, literaria e como articulista.

Comentarios