O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, visita por primeira vez o Museo Casa de la Troya

O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, visita por primeira vez o Museo Casa de la Troya
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, visita por primeira vez o Museo Casa de la Troya

Trátase da primeira visita que o Arcebispo realiza ao Museo Casa de la Troya, onde asinou no seu libro de firmas

Na mañá de onte o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, realizou unha visita ao Museo Casa de la Troya. O director do Museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, Benigno Amor, foi o encargado de guialo pola vella pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela homónima. No percorrido estivo tamén o ecónomo da Arquidiocese de Santiago, Fernando Barros, e as guías María Ferrer e Carmen Lorenzo.

Trátase da primeira visita que o Arcebispo realiza ao Museo Casa de la Troya, onde asinou no seu libro de firmas. Nel deixou patente o seu “agradecemento” por ter “a oportunidade de coñecer a espléndida rehabilitación que se ten feito desta realidade emblemática como é a Casa de la Troya, reflexo da convivencia e costumbrismo no século XIX”. Sinalou que este museo é “un xeito de evitar que o tempo nos leve ao esquecemento”.

Comentarios