En Marea renova o seu Consello das Mareas coa vista posta nas autonómicas de 2020

En Marea renova o seu Consello das Mareas coa vista posta nas autonómicas de 2020
En Marea renova o seu Consello das Mareas coa vista posta nas autonómicas de 2020

O Consello busca consolidar a En Marea no espazo progresista centrándose no feminismo, no ecoloxismo político e na loita contra a precariedade

En Marea renova a súa dirección cun Consello das Mareas que aglutina a todas as sensibilidades integradas no espazo político. Unha dirección que traballará coa vista posta nas eleccións autonómicas do ano 2020, sen perder de vista o escenario dunha hipotética repetición electoral no Estado.

A configuración deste novo Consello busca a consolidación de En Marea como motor do espazo político progresista galego, que conta con tres acenos: o feminismo, o ecoloxismo político e a loita para a superación da precariedade laboral. 

Este martes, coa primeira xuntanza, prodúcese o relevo na dirección de En Marea cun Consello que está chamado a levar a cabo o mandato das inscritas durante os próximos dous anos. 

Trátase dun Consello rexuvenecido, pois baixa a media de idade das súas integrantes, e paritario. Unha equipa que busca colocar a En Marea no centro do espazo político progresista de Galicia cun concepto amplo de nación que inclúe a toda a cidadanía. 

Elixida mediante un sistema aberto a todas as inscritas, a nova dirección de En Marea sae da candidatura "Obxectivo 2020: polo cambio en Galicia”, a única que se presentou ao proceso de escolla. Polo tanto, esta lista plural foi proclamada automáticamente. 

Entre as 35 persoas que participan no novo Consello atópanse persoas do ámbito parlamentario e institucional, representantes de diferentes Concellos, e activistas dos momevemos sociais e do movemento veciñal galego. 

Luís Villares Naveira, Ana Seijas Baranauskas, Francisco Casal Vidal, María Dolores Candedo Gunturiz, Ramón Veras Castro, Iolanda Pérez Docampo, Adrián Dios Vicente, M. Carmen González Nóvoa, Víctor Alvarez Arias, Teresa Burgo García, Xoán Losada Martínez, Ánxeles Faraldo Vallés, Javier Arca Uría, Beatriz Gómez Gómez, Xoán Lois Vila Pinel, Carmen María Fernández Ríos, Juan José Insua Insua, Estefanía Otero Rivas, Javier Rocamora, María Chao Martínez, Jorge Lorenzo Vila, Sara Valenzuela, Constantino Cordal, María del Sagrario Fernández Méndez, Xosé Manuel Sardiña, Luz Marcos Buján, Iván Rodríguez Lombardero, Paula Álvarez, Iván Olmos Ferreiro, Aura Leirós García, Francisco Manrique González Rodríguez, Maricarmen Durán, Bernardo Cuétara, Mónica Díaz Carrodeguas e Javier González Campos forman o novo Consello das Mareas.

A vicevoceira e deputada no Parlamento de Galicia en representación de En Marea Paula Vázquez Verao tamén se incorporará ao Consello en representación do Grupo Parlamentario. 

As primeiras sesións de traballo desta nova dirección terán lugar durante o mes de agosto e vanse centrar en organizar internamente á nova equipa, así como a preparar o inicio do curso político. Un proceso que culminará na primeira fin de semana de setembro coa celebración da segunda Escola Unitaria de Verán de En Marea. 

Comentarios