II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

O prazo de inscrición para todas as categorías é o día 31 de outubro ás 23:59 (hora de Santiago de Compostela)

O IGFAE lanza a primeira das súas actividades organizadas no marco da Semana da Ciencia que terá lugar en novembro: a segunda edición do Concurso de Comunicación Científica (C3). O obxectivo deste concurso é promover a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomentar o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos.

A participación no concurso está aberta a calquera persoa, con especial énfase no persoal investigador dos organismos públicos de investigación; en estudantes de doutoramento, máster e grao; en alumando de ESO e Bacharelato, profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física e nos profesionais da divulgación científica e xornalistas.

O concurso divídese en tres categorías: a) Monólogos científicos; b) Experimentos; e c) Demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles.

O prazo de inscrición para todas as categorías é o día 31 de outubro ás 23:59 (hora de Santiago de Compostela).

Comentarios